¿Qué fai unha rapaza nun lugar coma este?

15 Jan

O outro día lin nun blogue un artigo que encheume de ira, de moita ira. Contrariamente ao que moita xente adoita pensar, eu coido que a carraxe, se somos capaces de canalizala ben, pode ser unha enerxía que empurra. Ese no mellor dos casos, claro está. No peor é tan só unha resposta inevitable, porque como di outra blogueira dos USA –Angry Black Bitch– nunha entrevista “hai moitas cousas polas que estar enoxada”. Vivir nesta sociedade sexista sen sentir por momentos ganas de berrar ata afogarte é que ou ben as túas clases de ioga son impresionantes ou ben porque non fuches capaz de articular o discurso ou entender o episodio como opresión.

 

Pois polo que estaba eu enoxada esta vez é porque nunha páxina web onde persoas intercambian artigos e fotos baixos distintas temáticas, unha rapaza de 15 anos cometeu o “delito” de poñer unha foto súa cun libro sobre ateismo que lle regalaran os seus pais, ao carón da súa cara. Non vedes o problema, ¿verdade que non? Pois algunas persoas, presumiblemente homes, sí, así que comezaron a encher a súa foto con comentarios que chegaron ao tono de -e aviso que son fortes- “ela ten máis buracos que os meus pantalóns”, “no meu país [ter sexo cunha rapaza de 15] é legal, así que só tería que enfrentarme aos cargos de secuestro” e os mellores “relaxa o teu ano, doe menos así” e “o sangue é o lubricante da natureza”. O primeiro tivo 1715 votos positivos e o segundo 570. Sinto ter que ser tan explícita.

 

A tan inocente foto

 

A realidade é: é moi probable que toda esta xente sexan en realidade persoas que se consideran normais, é máis, estou convencida que a aplastante maioría non faría dano a esta rapaza de coñecela. Entón, ¿de qué estamos a falar? Judith Butler, unha filósofa queer experta en temas de xénero, preguntouse o mesmo neste video para intentar entender a morte dun rapaz considerado “afeminado” que ocurriu vai anos e que non respondera a provocación ningunha. A autora pregúntase qué regra rompeu esta persoa para merecerse morrer, como di ela “polo mero feito de moverse así ”. ¿Qué é exactamente, e agora nos pasamos ao caso que nos ocupa, o que fai que persoas “normais” abusen verbalmente dunha rapaza de 15 anos polo mero feito de poñer unha foto na rede? Podíamos ser simplistas e falar do anonimato ou de que hai moito troll por Internet, pero isto, sendo parte de real, non explica o fenómeno na súa totalidade.

 

A miña opinión é que é unha vez máis unha cuestión de espazos e poder. É dicir, non creo que fose nin unha simple broma nin que os homes estivesen excitándose con iso, creo que era un xeito de “castigar” que ela rompera unha regra social non escrita pola cal os espazos públicos (e con eles a rede) son espazos masculinos. Entendédeme, non digo que sexa algo “consciente”, non é que eses homes na súa casa o pensaran así, pero sí penso que mediante bromas patriarcais e sexistas, mediante bromas incluso ameazantes, asegurábanse a humillación e a “posta no seu lugar” desta rapaza que, ou é moi valente -cousa que espero- ou non voltará a facer algo público na rede por moi longo. En definitiva, era castigala por ter incumplido unha norma de xénero pola cal as mulleres só deben ocupar lugares “domésticos”, no senso de invisibles e non públicos.

 

Por se non vos convencín, póñovos outros dous exemplos. Vai uns meses varias xornalistas e blogueiras de Inglaterra comezaron a falar de algo do que nunca falaran abertamente antes: dos comentarios sexistas e ameazas que moitas delas reciben polo mero feito de falar públicamente. Baixo o hagstag en Twitter de #mencallmethings comezaron a compartir os comentarios e mails que recibiran, onde a ameaza de violacións estaba sempre presente. Dous feitos ademais cumpre dicir: a) os seus compañeiros homes recibían tamén amezas pero nin no mesmo número nin de natureza sexual, e b) As mulleres que falaban de temas como cociña ou familia non recibían o un trato tan degradante que as que falaban, por exemplo, de política. O outro exemplo: as vexacións sexuais sufridas por xornalistas en Exipto, que non padeceron os seus colegas homes que se saiba, por parte das forzas do réxime durante a cobertura das manifestacións. Tal e como as xornalistas pensan, os ataques respondían a unha estratexia onde tanto o target como o xeito de proceder estaba ben definido. Unha vez máis, non son cousas ao azar nin “esas cousas que pasan”, son xeitos de sinalar con violencia (sexa verbal ou física) que a muller non ten dereito a ocupar un espazo tradicionalmente disfrutado polos homes. Agora que o penso, en realidade, ¿en qué momento pensamos que a loita pola apropiación dos lugares maioritariamente ocupados polos homes ia a ser sinxela?

 

Dúas das xornalistas agredidas

 

Remato con algo bonito: as tres xornalistas asaltadas en Exipto seguen a traballar. A xornalista que comezou o debate #mencallmethings segue a traballar, ao igual que todas as mulleres que participaron nel. Ninguén dixo que a loita fose sinxela, é verdade, pero ninguén dixo tampouco que nos iamos botar atrás!

Advertisements

5 Responses to “¿Qué fai unha rapaza nun lugar coma este?”

  1. olalha 15 January, 2012 at 21:08 #

    Opinión???…Como non estar de acordo co que dis. Estamos a viver un retroceso social, fai anos os cometarios q lhe fixeron á rapaza estarían mal vistos , consideraríanse políticamente incorrectos…Agora hai un machismo emerxente q se une a cultura capitalista de q se salve el más fuerte( rico , listo, animal…) polo q as “advertencias” a través do anonimato ás mulheres consideranse parte do “día a día”, e q nós temos q ser o suficientemente resistentes ante esas agresións triviaís. Seguiría toda a noite dandolhe voltas a isto… Rula, unhas cuaestións antes d irme a cama: 1)según a editorial da revista ‘PLoS Medicine’:”a violación non é unha consecuencia inevitable e indeseable da guerra, se non unha táctica bélica do máis destructiva”.2)http://www.aurora-israel.co.il/articulos/israel/Mundo_Judio/41898/ 3)sigo esperando un artigo-opinión sb CrianzaNatural http://www.crianzanatural.com/
    bicos

    • ListaFeminista 21 January, 2012 at 8:47 #

      Teño un post sobre a crianza natural na miña lista de prioridades! 😉

  2. pituca 16 January, 2012 at 11:12 #

    No sé si te comenté que Iñaki Gabilondo en su blog, recibió comentarios con tanta agresividad,que quedó tan consternado que la defensora del lector escribió un artículo, confesándonos que había dudado en si continuar o tirar la toalla.
    La intolerancia hacia todo lo que sea “diferente” es el caldo de cultivo para estas personas de las cavernas, que no saben lo que es dialogar ni escuchar.
    Y escudándose en el anonimato demuestran su cobardía porque con total seguridad, esto no lo harían ante personas que les pudiese recriminar su abyecto comportamiento.
    En Francia arrasa M. Le Pen aquí tendría que volver Fuerza Nueva, y con su vuelta tendríamos a todos los intolerantes “a la vista”

    • ListaFeminista 21 January, 2012 at 8:44 #

      Sí, lera sobre Iñaki Gabilondo e a verdade é que os comentarios eran terribles…. Eu un dos pasatempos que debería deixar de ter e ler os comentarios dos lectores de El Mundo, vou criar una patoloxía un día de éstes! Hahahaha!

  3. Marinha 29 February, 2012 at 14:43 #

    Interesante reflexi’on. Isto fai que me lembre dunha conversa que tivera cun amigo estadounidense sobre a cuesti’on dos asaltos sexuais a mulleres nos campus das UNIVERSIDADES en EE.UU. De feito, cando estiven nunha universidade al’i, unha das cousas que m’ais me chamou a atenci’on ‘e que en todos os banhos de mulleres habia carteis dunha asociaci’on ‘a que pod’ias acudir para tramitar a denuncia ou buscar axuda psicol’oxica. O tema impactoume moito e faime pensar se ‘e algo particular dos EE.UU. ou tam’en ocorre na mesma magnitude nos campus europeos. O problema ‘e que en Europa non se recadan datos e informaci’on sobre esta cuestion. Deixoche dous links por se che interesan:
    https://www.ncjrs.gov/pdffiles1/nij/grants/221153.pdf
    http://drkathleenyoung.wordpress.com/2010/04/05/national-statistics-about-sexual-violence-on-college-campuses/

Por favor, participa!

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s

%d bloggers like this: