Proxectos e retos deste atarefado Febreiro

26 Feb

Este mes de Febreiro estivo cheo do que considero grandes pasos para min e dos que estou, se me permitides a falla de humildade, moi orgullosa. Por unha banda, e para comezar, as mulleres da Marcha Mundial fixeron un blogue de opinión dentro da súa páxina web e inclúen as entradas de Lista Feminista, así que se alguén ven derivada/o dende alá, benvida/o! Faime moita ilusión! Por otra banda, fai un par de semanas enviei unha queixa á “Defensor del Lector” do xornal “El País Semanal” en referencia a un artigo publicado sobre María Teresa Fernández de la Vega e a defensora publicouno no seu blogue, tanto as cuestións que eu plantexaba coma as súas respostas. Se queres seguir a conversa aquí deixovos o link. Por certo, e como curiosidade, a Defensora deixa esta semana ese posto e faino cun artigo bastante interesante sobre verdade e xornalismo.

 

 

Ademais son bos tempos para o proxecto no que estou a traballar, “El Costurero”, dentro da ONG de inmigrantes latinoamericanos/as na que son voluntaria (IRMO). O proxecto baséase en dous grupos principais pero interconectados, por unha banda, un grupo de debate e discusión sobre cuestións de xénero e, pola outra, a futura creación dunha empresa social onde mulleres poidan formar un taller de alta costura coa nosa compañeira e deseñadora de moda Soraya Fernández. A idea é que mulleres latinas sen moitos recursos poidan acceder a unha formación laboral que ademais lles permita participar dun proxecto autosostenible e con condicións laborais xustas. Como coordinadora do grupo de discusión, o 11de Febrero impartín un taller sobre os Mitos do Amor Romántico, se queredes saber máis, aquí pásovos o audio da entrevista que fixemos para o programa de radio “Raíces”.

 Image

 

E como este marabilloso proxecto de El Costurero non me da máis que ledicias (e retos) o próximo venres estou convidada a presentalo no Bolívar Hall na Embaixada Venezolana en Londres, no marco dunha xornadas polo Dia da Muller Traballadora.

 

¡Estou moi pero que moi ilusionada!

Advertisements

4 Responses to “Proxectos e retos deste atarefado Febreiro”

  1. olalha 27 February, 2012 at 23:02 #

    Parabens rula!! beijos

  2. compostela 28 February, 2012 at 10:03 #

    O DÍA DA CHARLA NA EMBAIXADA LEVA UN DISEÑO DO COSTUREIRO. HAY QUE APROVEITAR AS OPORTUNIDADES AO 100%

    • ListaFeminista 28 February, 2012 at 10:37 #

      Sería xenial, pero polo de agora só temos en funcionamento o grupo de discusión. Para a empresa social aínda estamos en fase de elaboración do proxecto para presentalas a fundacións de recibir axudas para comezar. A ver se sae! 😉

Por favor, participa!

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s

%d bloggers like this: